SECCIÓN DE VELA DEL LICEO CASINO DE VILAGARCÍA

En este blog podrás encontrar toda la información relativa a la sección de vela del Liceo Casino de Vilagarcía.

NICO Y SERGIO GANAN EL IBERDROLA DE 420

o Iberdrola de 420 foi finalmente logrado polos actuais Campións de España, o vigues Nicolás Rodríguez e o representante do Liceo Sergio Crespo.
Comezaba a xornada dominical para a clase 420 ao fío das once da mañá, con ventos do nordés de 12 nós de intensidade e moito calor xa a estas horas. En total celebrábanse tres mangas, sendo as dúas primeiras moi rápidas. As tres mangas serían para Rodríguez-Crespo, que non daban opción aos seus rivais. O cuarto lugar era para os que finalizaban líderes tras a xornada do sábado: os liceistas Roi Rogel e Oscar Lages con 7º-12 º-8 º. Oscar Gómez y Marcos Castro finalizaban na sexta posición e Roadrigo Abalo e Santi González lograban tamén entrar no TOP 10 de 40 barcos. Tamén participaron Lara e Andrea Iglesias na segunda regata xuntas.
No referente ás regatas de dous tripulantes vitoria a última hora do "Bosch Comunication" cos vigueses Ramón Ojea e Pablo Iglesias (este último un dos responsables do Telefónica Negro na Volvo Ocean Race), sobre os arousanos do "Terras Gauda" (Juan Durán e Alejandro Toledo).

CLASIFICACIÓNS FINAIS DO SEGUNDO CICLO

REGATA CAIXANOVA-DOS TRIPULANTES
2º Terras Gauda (Juan Durán-Alejandro Toledo) LC Vilagarcía
1º Bosch Comunication (Ramón Ojea-Pablo Iglesias) RCN Vigo
3º Cativos Caixanova (Antonio Saborido-José Martínez) FGV Galicia
4º Pitouco (José Ruiz y Guillermo Hompanera) LM Bouzas
5º Deep Blue (Vicente Cid y Oscar Montañés) RCN Vigo

MEETING IBERDROLA DE 420
1º Nicolás Rodríguez y Sergio Crespo (RCN Vigo)
2º Manuel Cunha y Jose Cunha (YC Oporto)
3º Luis G.Galnares y Javier G.Galnares (CMTPU Huelva)
4º Roi Rogel y Oscar Lages (LC Vilagarcía)
5º José Manuel Ruiz y Antonio Novas (CNLA Murcia)

No hay comentarios:

Publicar un comentario